26

Xan

Presentación da curta documental Covas de Valdeorras

19.00 h

O venres 26 de xaneiro, ás 19 horas, presentamos a curtametraxe Covas de Valdeorras.

Valdeorras é unha comarca vitivinícola situada na fronteira física e climática de Galicia. Con invernos fríos e veráns moi cálidos, a conservación do viño era un reto que se solucionou coa construcción de centos de covas que aínda manteñen un arraigado uso social.

A curtametraxe documental Covas de Valdeorras, dirixida por Cristina de la Torre, é un relato coral sobre a historia, uso e tipoloxía destas covas, deténdose no significado emocional que teñen para os seus actuais propietarios.

Trala proxección, organizada polo grupo de encontro e divulgación Valdeorras Infinda, realizarase un coloquio coa directora acompañado de viños de adegas da Ruta do Viño de Valdeorras.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies