12

Feb

Visita guiada á exposición “Cuba desde 1957”

18.30 h

Ernesto FernándezCuba desde 1957. A memoria fotográfica do prestixioso reporteiro gráfico cubano Ernesto Fernández, Premio Nacional de Artes Plásticas (2011) e Premio de Fotografía Iberoamericana que outorga a Universidade de Harvard (2000). O comisario da exposición é o tamén fotógrafo Luís Gabú.

As fotografías da mostra, que se poderá visitar até o 24 de marzo, percorren a historia de Cuba desde os momentos prerrevolucionarios até a vida cotiá da veciñanza da Habana, e está organizada en diversos capítulos que abranguen os principais eventos que recolleu o fotógrafo durante a súa vida profesional: Cuba antes da revolución, O ano da Revolución, Congreso Católico, Manifestacións, A visita de Sartre e Simone de Beauvoir, Invasión por Praia Girón (Bahía Cochinos), Crise dos mísiles de outubro, Peña Sirique, Loita contra bandidos e piratas, Campo e mar, Guerra de Angola e Miscelánea.

Ernesto Fernández, de 82 anos, retratou o antes e o despois da revolución, non só desde o punto de vista político, senón tamén artístico.

A visita guiada será o martes 12 ás 18.30, no quiosco Alfonso da Coruña. Para participar só hai que enviar este formulario.

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies