27

Feb

Cubanas: mulleres en revolución

20.00 h

Cubanas: mulleres en revoluciónContinuamos coa quinta sesión do noso ciclo de proxeccións internacionalistas na Coruña, que neste mes de febreiro dedicaremos a Cuba, nunha actividade organizada conxuntamente con Mar de Lumes e a Marcha Mundial das Mulleres.

Analizaremos o papel das mulleres na sociedade cubana, desde a Revolución até a actualidade, por medio do documental Cubanas, mulleres en revolución, de 2018, dirixido por María Torrellas. Para o debate contaremos con unha representación do Consulado de Cuba na Galiza.

Será o xoves 27 de febreiro, ás 20 h, no noso local (R/ Olmos 16 – A Coruña).

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies