06

Abr

Curso de iniciación á astronomía

18.00 h

Mapa do ceoNo mes de abril comezamos un curso de iniciación á astronomía, impartido pola Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Será os sábados 6, 13 e 20 de abril ás 18 horas.

O programa das sesions é o seguinte:

1ª sesión. O noso lugar no Universo: como cambiou ao longo da historia o noso coñecemento do cosmos. O firmamento: recoñecemento dalgunhas constelacións e manexo dun planisferio celeste (entregarase un planisferio ás persoas asistentes). Nomes galegos das constelacións.

2ª sesión. As estrelas: que son, como se forman, tipos fundamentais e evolución estelar. A contaminación luminosa.

3ª sesión. O sistema solar: planetas, planetas ananos e corpos menores. Eclipses de Sol e Lúa. Exoplanetas.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies