17

Out

Curso “Mellorando a lingua”

20.00 h

Mellorando a linguaComeza o curso e outra vez organizamos Mellorando a lingua. Anímaste a asistir?

O curso Mellorando a lingua é unha actividade organizada pola ACAB que conta xa con varias edicións. As súas sesións están pensadas nomeadamente para xente que, utilizando xa de maneira habitual o galego, quere mellorar o seu uso tanto oralmente como por escrito. Para tal fin, pártese do concepto de ‘lingua de calidade”, o cal concede atención aos trazos gramaticais e lexicais considerados máis idiosincráticos do sistema lingüístico galego-portugués.

Será os mércores, días 10, 17 e 24 de outubro, de 20 a 21:30 h con Xosé Manuel Sánchez Rei, profesor da UDC.

Xa sabes, é de balde e só tes que anotarte con anterioridade. Podes facelo a través deste  formulario:

     

    Uso de cookies

    Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

    ACEPTAR
    Aviso de cookies