21

Abr

Curso de iniciación á edición fotográfica. Photoshop

18 h

Imos realizar un curso de formación en técnica de edición fotográfica, Photoshop.  A duración é de 16 horas repartidas en oito sesións de dúas horas. Desenvolverase os venres ás 18 h e sábados ás 11 h nos días 21, 22, 28 e 29 de abril e 5, 6 , 12 e 13 de maio.

O prezo é 50 € para as persoas non socias e de 40 € para as persoas socias.

O curso realizarase se existe un mínimo de sete persoas inscritas.

Eduardo Castro BalSerá impartido por Eduardo Castro Bal, fotógrafo de prensa de 1993 a 2001. Fotografía de arquitectura e interior. Publicidade, foto de estudo e reportaxe social.

Actualmente está especializado en fotografía panorámica de percorridos virtuais en interiores de locais de empresas (Pano circuíto) e fotografía panorámica en exteriores. Este tipo de traballos realízaos para Google Business View e varios portais inmobiliarios.

Foi profesor de fotografía en diversos cursos impartidos desde 1990 ata a actualidade en:

  • Asociación Cultural Alexandre Bóveda, A Coruña.
  • Escola Obradoiro de Camariñas, A Coruña.
  • Concello de Camariñas.
  • Concello de Cambre.
  • Sociedade Recreativa Cultural e Deportiva, Betanzos.
  • Fundación Centro Internacional da Estampa Contemporánea (CIEC), Betanzos.
  • Asociación Fotográfica Posición B, A Coruña.
  • Monty4, A Coruña

Se desexas participar en este curso, envíanos os teus datos mediante este formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies