01

Xuñ

O Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal

19.30 h

Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal.O xoves 1 de xuño, ás 19.30 h, e dentro do ciclo Outras historias de cinema, Martín Pawley falaranos do Curtas Vila do Conde e a curtametraxe en Portugal.

En 1993 celebrouse a primeira edición do festival internacional de cinema “Curtas” de Vila do Conde, un certame que puña o foco na curtametraxe co paradoxo de que na altura eran moi poucas as curtametraxes feitas en Portugal. A creación dunha liña específica de apoios á produción fixo mudar esa situación e o festival vilacondense serviu de plataforma para a súa difusión e recoñecemento en todo o mundo, con fitos coma a histórica candidatura ao Oscar de “Ice Merchants” este mesmo ano. Cita inescusábel cada mes de xullo, o Curtas e a súa historia sérvenos nesta sesión para percorrermos os últimos trinta anos de creación cinematográfica no país irmán.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se desexas asistir, envianos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies