O venres 9 de decembro, ás 19.30 h, na sede do AC Alexandre Bóveda –organizada con Valdeorras Infinda– teremos a palestra, Das praias de Francia ao exilio mexicano, que impartirá Telmo Fernandes Gonçalves.
Nado no Barco de Valdeorras, Telmo é graduado en Historia pola Universidade de Santiago de Compostela (USC). Vén de realizar tamén un “Máster Interuniversitario en Historia Contemporánea”, do que saíu a Memoria de Investigación –dirixida por Ramón Villares Paz– que leva por título O exilio mexicano a través de Florencio Delgado Gurriarán.
Na súa palestra, Telmo Fernandes Gonçalves analizará a importancia e actuación de Florencio Delgado Gurriarán dentro do galeguismo, seguindo a evolución da súa vida e obra política enmarcada no contexto do nacionalismo galego.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: