30

Xan

Debate Eleccións Galegas

19.30 h

eleccións galegasO martes 30 de xaneiro, ás 19.30 horas, no salón de actos do Circo de Artesáns (rúa Santo André, 36), organizamos un debate sobre as vindeiras eleccións galegas. Nel participarán as representantes das tres forzas políticas con presencia no Parlamento Galego: Nazareth Cendán, polo Partido Popular de Galicia, Mercedes Queixas, polo Bloque Nacionalista Galego, e Silvia Longueira, polo Partido Socialista de Galicia-PSOE. O debate será moderado polo xornalista Antón Luaces.

Este acto está organizado polo Foro Cívico da Agrupación Cultural Alexandre Bóveda e mais polo Circo de Artesáns.

A entrada é libre ata completar a capacidade.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies