02

Abr

Visita guiada á exposición “Deber de Baltar. Medicina e compromiso”

12.30 h

Deber de BaltarO sábado 2 de abril, ás 12.30 h, faremos unha visita guiada polo deseñador e comisario Pepe Barro, á exposición Deber de Baltar. Medicina e Compromiso en Compostela (Colexio de Fonseca).

Esta exposición lembra os máis de cen anos dunha saga que o escritor Suso de Toro describiu na súa novela Un señor elegante.

A historia da familia Baltar é tamén parte da historia cultural de Galiza do século XIX e XX. Esta exposición fala do compromiso cultural e político, dos Baltar, e da protección sobre figuras senlleiras da nosa cultura como é o caso da familia Castelao ou Dieste.

A visita dura aproximadamente unha hora e o desprazamento a Compostela farao cada persoa polos seus propios medios.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies