22

Xul

A defunción dos sexos

19.00 h

A defunción dos sexosO venres 22 de xullo ás 19 horas, Daniela Ferrández Pérez, investigadora e activista LGTBIQ+, falaranos da importancia da memoria da diversidade no proceso de construción dunha cidadanía democrática e igualitaria.

Efectuaremos un repaso a través de historias de persoas que viviron alén da norma sexual imposta na Galiza dos últimos 150 anos, facendo especial énfase nas ideas chave que poden servir hoxe para o proceso de construción dunha memoria da disidencia sexual. Entre elas, destacamos o coñecemento dos xeitos nos que esta diversidade foi explicada, tratada polos discursos oficiais e, en ocasións, represaliada e  perseguidos.

O acto encádrase dentro do III ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies