O luns 27 de febreiro, ás 19.30 h, Chus Díaz Anca, psicóloga clínica do Centro de Planificación Familiar, ofreceranos unha palestra baixo o título de Dereitos sexuais e reprodutivos das mulleres. O Centro de Orientación Familiar, un recurso imprescindible.
Falaremos dun dos centros de Planificación Familiar da cidade, que é un dispositivo público especializado na atención integral a mulleres en materia de anticoncepción, sexualidade e de asesoramento sobre a interrupción voluntaria da xestación e do seu papel en relación aos dereitos sexuais e reprodutivos, recoñecidos polas Nacións Unidas desde 1994.
O acto encádrase dentro do IV ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.
Se queres asistir, envianos os teus datos a través deste formulario: