19

Dec

Desposuimento e cultura galega contemporánea: cara unha crítica do marco da «España vacía»

19.30 h

Helena MiguélezO luns, 19 de decembro, ás 19.30 h, Helena Miguélez-Carballeira ofrécenos unha palestra na que se analizarán as ideoloxías da nación implícitas no debate sobre a «España vacía», argumentando que a visión xeocultural que promove (baseada na idea dun territorio español marcado principalmente por tensións urbano-rurais) actúa como un dos novos imaxinarios de consenso estatal. En paralelo, argumentarase que o debate sobre a «España vacía» relega a unha posición invisíbel as especificidades históricas das nacións sen estado como a Galiza, cuxos procesos traumáticos de desposuimento e despoboamento do rural na segunda metade do século XX conformaron en grande medida a cultura política do nacionalismo galego moderno. Para fundamentar esta afirmación, ofreceranse interpretacións críticas de obras chave da cultura galega contemporánea, onde se aborda a rápida desarticulación da sociedade rural do país (Xosé Fernández Ferreiro; Manuel María, Luz Pichel, Emilio Araúxo). En todas estas obras e de diversos xeitos se trata a complexa relación entre o desposuimento e a desaparición do medio rural galego, a identidade, a violencia e o trauma, aspectos todos eles que o debate estatal sobre a «España vacía» tenta desdibuxar.

Helena Miguélez-Carballeira é catedrática de Estudos Hispánicos na Universidade de Bangor (Gales) e autora do libro Galiza, um povo sentimental? Género, política e cultura no imaginário nacional galego (Através 2014). É membro do consello de redacción do Espaço Clara Corbelhe.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies