28

Mai

Visita guiada á exposición “Deuses e heroes do barroco veneciano”

18.00 h

Deuses e heroes do barroco venecianoO martes 28 de maio, ás 18 h, faremos unha visita guiada á exposición Deuses e heroes do barroco veneciano, da man de Tonecho Otero, xestor e mediador cultural.

A Fundación Barrié acolle esta exposición Deuses e heroes do barroco veneciano. De Tintoretto a Luca Giordano e Sebastiano Ricci, unha viaxe de descubrimento da mitoloxía, os heroes e os deuses que protagonizaron as narrativas de artistas que, cun extraordinario talento creativo e unha inspiración exuberante, foron capaces de transmitir a poética barroca no ronsel da tradición pictórica veneciana. As 52 obras (34 pinturas e 18 libros datados entre os séculos XVI e XVIII) que compoñen a mostra forman parte da colección da Fundación Querini Stampalia.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies