16

Ago

Día da Galiza Mártir

19.30 h

Monumento a Alexandre BóvedaO luns, día 16 de agosto, ás 19.30 h celebraremos o Día da Galiza Mártir na Coruña.

A Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o día da Galiza Mártir.

Neste día, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima da barbarie fascista, vilmente asasinado na Caeira (Poio, Pontevedra), rendemos homenaxe a todas as persoas represaliadas e lembramos, igualmente, todas as vítimas da represión franquista.

Logo de vernos na obriga de adiar, por mor da COVID, esta homenaxe o ano pasado retomámola este 2021 e realizaremos o acto de homenaxe diante do monumento a Bóveda na rúa que leva o seu nome (na zona de Catro Camiños).

Contaremos coa presenza de Mercedes Queixas que elaborou para nós o folleto dedicado a Elvira Bao, mestra represariada e con Ana Romero que elaborou o folleto dedicado a María Barbeito, mestra e pedagoga tamén represariada. No mesmo acto Susana Seivane ofreceranos un pequeno concerto.

Aquelas persoas que nos acompañedes recibiredes de agasallo os dous últimos números do folleto de Mulleres de Palabra: o dedicado a Elvira Bao Maceiras e o dedicado a María Barbeito.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies