16

Ago

Día da Galiza Mártir na Coruña

20.30 h

A derradeira leición do mestreA AC Alexandre Bóveda conmemora como todos os anos o DÍA DA GALIZA MÁRTIR na CORUÑA diante do monumento dedicado a Alexandre Bóveda no Paseo que leva o seu nome (Zona de Catro Camiños). Nesta ocasión será o venres 16 de agosto ás 20:30. Asistirá Xurxo Couto, Deputado Delegado de Cultura da Deputación da Coruña e contaremos coa intervención do gaiteiro Pepe Vaamonde.

No ano 1942 a Irmandade Galega de Arxentina, presidida por Castelao, decidiu instituír, o 17 de agosto, coincidindo co aniversario do fusilamento de Bóveda, como o día da Galiza Mártir.

Neste día, personificando en Alexandre Bóveda, figura clave para o nacionalismo galego, fundador e logo secretario de organización do Partido Galeguista, vítima da barbarie fascista, vilmente asasinado na Caeira (Poio, Pontevedra), desde a Asociación Cultural que leva o seu nome rendemos homenaxe a todas as persoas represaliadas e lembramos, igualmente, todas as vítimas da represión franquista.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies