ADIADO
Por indicacións da subdelegación do goberno recoméndasenos non realizar o acto, DÍA DA GALIZA MÁRTIR, programado para este domingo, día 16 ás 12. Queda, entón, adiado para máis adiante. Desculpade as molestias que esta cancelación vos poida ocasionar.O domingo 16 de agosto ás 12.00 h, diante do monumento a Alexandre Bóveda en Catro Camiños.
Tí eres lume vivo, acesa chama,
roita irreversíbel de futuro;
potente trebón que berra e crama,
¡home do pobo, asoballado e puro!
(Manuel María, Lembranza de Alexandre Bóveda)
Como cada ano no mes de agosto realizamos na Coruña o DÍA DA GALIZA MÁRTIR como homenaxe a Bóveda e a todos os que como el deron a súa vida por Galiza. Este ano contaremos con Mercedes Queixas que realizará unha breve semblanza de Elvira Varela Bao, filla de dous irmandiños, Elvira Bao e Bernardino Varela represariados, que vén de deixarnos hai uns días.
Realizaremos esta actividade cumprindo coas normas de hixiene e distanciamento social para garantir a seguridade de todas as persoas que se acheguen a acompañarnos.