23

Feb

Día de Rosalía 2022

17.00 h

A Asociación de Escritoras e Escritores de Galiza (AELG) e a Asociación Cultural Alexandre Bóveda (ACAB), teñen o pracer de convidar a todas as persoas que queiran celebrar o 23 de febreiro, Día de Rosalía.

O acto celebrarase diante do Teatro Rosalía de Castro (no caso de que a climatoloxía non o permita buscaremos un lugar alternativo).

Non é preciso inscribirse para asistir, mais si para as persoas que queiran recitar poemas.

Comezara ás 17:00, coa lectura do Manifesto do Día de Rosalía de Castro, por parte de Beatriz Maceda Abeleira, a escritora escollida para a redacción de esta edición. A continuación, teremos o recitado de poemas e unha actuación musical a cargo de Os Peregrinos e Lia Pamina, que farán o seu tributo á poesía de Rosalía de Castro, Saudade con Rosalía de Castro. Coa súa música fan do funambulismo pop a milagre que contextualiza a voz da gran matriarca galega.

Neste acto contamos coa colaboración da área de Normalización Lingüística da Deputación da Coruña.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies