21

Mar

Diálogo poético Palestina-Galiza e performance: Xogos de crianzas

19.00 h

Diálogo poético Galiza-PalestinaO xoves 21 de marzo, ás 19 h, o espazo diante da igrexa de Santo André será o escenario do Diálogo poético Palestina-Galiza e a performance Xogos de crianzas.

No diálogo poético Galiza-Palestina participan Ánxeles Penas, Emma Pedreira, Ramiro Torres, Begoña Paz, Estíbaliz Espinosa, Sahar Shatat e Inma Doval. Para alén de poemas propios, leranse poemas de Muhamad Darwish, Fatema Al-Gurra, Mosab Abu Toha, Fadwa Toqan e Mahmud Sobh.

Esta actividade está coordinada por Inma Doval (Grupo de traballo en Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación).

Logo terá lugar a performance Xogos de Crianzas, ideada por Sofía Núñez, alumna de Educación Social e realizada por estudantes de Educación Social.

As dúas actividades realizaranse diante da igrexa de Santo André, aínda que en caso de choiva trasladarémonos ao local de ACAB, rúa Santo André nº 36, 1º.

Esta actividade fai parte do ciclo Palestina Libre realizado en colaboración con SUGxPalestina, (Sistema Universitario Galego por Palestina), BDS Galiza, e Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies