06

Xuñ

Presentación de “Diario sen datas dunha aborixe galega”

19.30 h

O xoves 6 de xuño, ás 19.30 horas, presentamos no noso local Diario sen datas dunha aborixe galega, de Diana Varela Puñal, editada por Laiovento. Uns textos, a modo de diario, onde a autora reflexiona sobre o concepto de identidade, a poesía e a ética.

Diana Varela Puñal

Diana Varela Puñal naceu en Corme, na Costa da Morte, e trasladouse aos catorce anos á Coruña, onde exerce na actualidade como avogada. Despois de gañar o Premio Díaz Xácome, de Mondoñedo, no 2006 obtivo polo seu poemario Fíos o Premio Uxío Novoneyra das Pontes de García Rodríguez. En decembro de 2010 publica o seu segundo libro, Animal Abismo. No ano 2015 edítase a súa primeira novela, Fin de Festa. En 2017 viu a luz Ouvre la lucarne, selección de poemas en galego-francés, e o seu último poemario ata a data, Non, amor. No 2019 publica Diario sen datas dunha aborixe galega.

 

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies