20

Dec

Documental “O desafío do Sil”

19.30 h

O desafío do SilO 20 de decembro, ás 19.30 horas, proxectamos no noso local o documental O desafío do Sil.

Será presentado polo seu director, Domingo Díaz Docampo, director e produtor valdeorrés, afincado na Coruña. Centra a maior parte da súa actividade na realización de documentais e proxectos educativos. Na actualidade está rematando outra longametraxe documental “Tomás Fábregas. Fighting Barriers” que se estreará o próximo ano.

O documental O desafío do Sil narra a transformación xeográfica, social e económica, que sufriron as comarcas nas que a empresa Saltos del Sil construíu os seus aproveitamentos hidroeléctricos entre 1945 e 1965.  O documental conta con moito material de arquivo que permitirá ver as condicións de traballo da época e as técnicas de construción empregadas na época.

Esta actividade encádrase no proxecto Valdeorras Infinda.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies