07

Mar

Outras directorAs: Dorothy Arzner

19.30 h

Dorothy ArznerO xoves 7 de marzo, ás 19.30 h, Martín Pawley ofrece no noso local, dentro do ciclo Outras historias de cinema, unha palestra dedicada á directora Dorothy Arzner.

Dorothy Arzner foi a única muller directora que conseguiu traballar con regularidade para a grande industria nos anos dourados de Hollywood. Dende o seu debut no cinema mudo en 1927 até a súa prematura e nunca de todo aclarada despedida en 1943, Arzner realizou unha valiosa colección de melodramas con actrices coma Ruth Chaterton, Katharine Hepburn, Rossalind Russell, Joan Crawford ou Maureen O’Hara, que fan dela, por cantidade e calidade, unha figura excepcional para o cinema estadounidense do século XX. Nesta sesión lembraremos a súa memorábel traxectoria.

Martin Pawley é crítico de cinema, programador e produtor.

Se queres asistir a esta palestra, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies