O mércores 22 de decembro, ás 19 horas, presentamos no noso local o libro Un edén diferente/A different Eden.
En diálogo entre nós e coa nosa contorna, uns 40 poetas contemporáneos de Irlanda e Galicia falan desde a beira atlántica de Europa, desde o salvaxe dirían algúns, ata o meollo da cuestión: o noso mundo danado e ameazado. Coidando coidadosamente o noso fráxil ecosistema, esta oportuna antoloxía de poemas irlandeses e galegos pregúntanos como vivimos neste mundo, como celebramos a nosa relación íntima con todos os seres vivos. Aquí hai unha sensación de urxencia, da necesidade de actuar e da necesidade de pasar “do ego ao eco”. Estes poemas pasan a través da lingua e das fronteiras trazando cada pegada e cada voo, en camiño polo noso mundo compartido na crenza de que un Edén diferente é posible.”
O libro contén poemas de Marilar Aleixandre, Emilio Araúxo, Estevo Creus, Miriam Ferradáns, Lupe Gómez, Olga Novo, Pilar Pallarés, Chus Pato, Luz Pichel, Xavier Queipo, Manuel Rivas, Ana Romaní, Daniel Salgado, César Souto Vilanova e Dores Tembrás, e todo traducido por Keith Payne (ao inglés) e Isaac Xubín (ao galego).