O xoves 23 de decembro, ás 19 horas, Miguel Rodríguez Monteavaro falaranos do mundo entre os ríos Eo e Navia: lingua e cultura.
Nesta comunicación vaise facer unha revisión do que é o Eo-Navia: un territorio que administrativamente pertence a Asturias, mais que partilla moitos trazos culturais con Galicia, entre eles, a lingua. Dende un punto de vista de irmandade e de divulgación, o que se pretende é achegar á xente asistente as peculiaridades idiomáticas, literarias, musicais e sociais das terras eonaviegas.
Miguel Rodriguez naceu en Bual (occidente asturiano) en 1990. É filólogo, escritor e músico asturiano que investiga e traballa na Universidade de Oviedo cun contrato predoutoral Severo Ochoa. O seu apaixonado interese pola música de raíz eo-naviega teno levado polo camiño da investigación e recuperación dese patrimonio musical da súa zona, tanto como pola posta en marcha de formacións musicais. De feito, foi fundador da banda Mezá e na actualidade fai parte do quinteto tradicional Caldo y os Rabizos.