17

Mar

Presentación do poemario “Embernallúas” de Eva Méndez Doroxo

19.30 h

EmbernallúasO xoves 17 de marzo, ás 19.30 h, preséntase no noso local o poemario Embernallúas de Eva Méndez Doroxo.

Embernallúas é unha homenaxe ao rural e as nosas mulleres; as que habitaron e nos habitan no mapa cromosómico que conforma a nosa identidade. O poemario nace con dous obxectivos principais, a denuncia da desertización do noso rural e darlles voz as mulleres dese rural que se resiste a súa extinción. Embernallúas é aldea, é as persoas que viviron nela, é as súas mulleres é a denuncia do éxodo e desertización do noso rural, o silenciamento das mulleres rurais, o esquecemento delas pola nosa Historia, pero tamén Embernallúas é muller que nos narra as tres etapas vitais que compoñen o libro.

Seime vagabunda de teitos baixos.
Morbosa ninfa de pedras vellas,
onde agochar o dente na noite
para afondar un momento que se me fai eterno.

 

Vago espida polas formas,
seite lonxe e, aínda así,
respírasme co instinto salvaxe
de quen non cruzou a porta.

 

Constrúesme dende o imaxinario.

 

Eu, o xemido silencioso,
colado aos agarimos,
na profundidade da cova na que nos atopamos.

Estarán presentes na presentación, a autora, Eva Méndez Doroxo e Emma Pedreira, escritora.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies