23

Mai

Presentación de “En Sístole”

19.30 h

En SístoleO xoves 23 de maio, ás 19.30 h, presentaremos o poemario En Sístole, de Fe Núñez, publicado por Medulia Editorial.

En sístole é un poemario que fala das propias raíces, sobre a necesidade de asentarnos nelas para podermos avanzar en plenitude, por iso é tamén unha homenaxe aos devanceiros, á visión  da cultura  e da lingua propia como un legado que  eles  nos deixaron e agora ven como esmorece.

Fe Núñez é unha lectora ávida de poesía  e profesora de Lingua Galega no IES de Melide. Ten varias publicacións en revistas de educación, pero a súa prosa poética deuse a coñecer recentemente nas redes sociais. Este é o seu primeiro poemario.

Acompañará a autora o poeta Antom Laia.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies