28

Mar

Encontro Aberto

18.30 h

Encontro AbertoNa terceira feira 28 de marzo, ás 18.30 h, realizaremos un encontro aberto para falarmos da Asociación Cultural Alexandre Bóveda e recollermos propostas e ideas de todas aquelas persoas que nos quixeren acompañar.  Na ACAB consideramos a cultura como ferramenta para a formación persoal e a transformación social, mais tamén como o espazo da construción das ideas e dos valores para a convivencia. Por iso a nosa actividade cultural está pensada e programada de xeito relacional con campos diversos como o benestar, a igualdade, a lingua ou o medio natural.

A actividade de cada día fai que ás veces non teñamos tempo para conversarmos e nos escoitarmos e é por iso que queremos ter algúns encontros en que propor e debater ideas.

O primeiro será neste martes 28 de marzo, ás 18.30 h, e terá unha duración aproximada de 75 minutos.

No mes de abril realizaremos outro encontro aberto para falar pormenorizadamente dos proxectos en que levamos tempo a traballar: A Coruña das mulleresA Coruña literaria.

Se queres asistir a este encontro do día 28, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies