17

Xuñ

Ciclo Pensando o Futuro: encontro con Ángel Carracedo

19.30 h

Ángel CarracedoO luns 17 de xuño, ás 19.30 h, e dentro do Ciclo Pensando o futuro teremos un encontro co xenetista Ángel Carracedo, que nos falará da revolución xenómica: retos éticos.

O importante avance no coñecemento dos xenes, do ADN humano, abríu enormes posibilidades terapéuticas, de tratamento de enfermidades. Mais ese camiño tamén enfronta á comunidade científica e á sociedade con algunhas preguntas decisivas de carácter ético.

Catedrático de Medicina Legal e experto internacional en xenética, Ángel Carracedo é presidente da International Society for Forensic Genetics. Codirector da Unidade de Medicina Molecular Inco Sergas, é autor de varios libros e centos de publicacións. Vicepresidente da Academia Internacional de Medicina Legal, membro do Grupo Europeo do ADN e da Comisión de ADN da Comisión de Xustiza dos EUA, coordinador da Rede europea de estandarización do ADN e da Rede iberoamericana de xenética molecular aplicada á medicina forense.

Será presentado por Xosé A. Fraga.

Se queres asistir a este encontro, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies