08

Abr

Encontro co activista palestino Mohamed Safa

19.00 h

Mohamed SafaO luns 8 de abril, ás 19 horas, teremos un encontro co activista palestino Mohamed Safa.

O activista e oftalmólogo palestino afincado na Costa da Morte desde hai máis de 30 anos, fará unha precisa contexualización global do conflito que sofre o pobo palestino, deixando claro que outubro non é a data inicial desta escalada de violencia, pois son xa sete as décadas pelexando contra a ocupación colonial por parte do estado sionista de Israel.

O autor de varios libros como La segunda nakba palestina: El proceso de paz (Ed. Utopía, 2023), La revolución árabe. Democracia, nacionalismo y religión (Hoja de Lata, 2017) ou Palestina, grito por la libertad (Do Castro, 2003), fará unha análise en clave actual, debullando as claves, as causas e as consecuencias do xenocidio que sofre a día de hoxe o seu pobo.

Esta actividade faise en colaboración con Xornal da Coruña, SUGxPalestina, BDS Galiza, e Grupo de Igualdade da Facultade de Ciencias da Educación da UDC.

Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies