O luns 11 de xullo, ás 19.30 h, en colaboración coa Liga Reumatolóxica Galega, organizamos no noso local unha sesión informativa sobre as ERyMEs (Enfermidades reumáticas e musculoesqueléticas).
É necesario concienciar á sociedade en xeral do impacto das enfermidades reumáticas crónicas sobre as persoas, as familias e a sociedade, así como da necesidade dun diagnóstico precoz e o acceso á atención sanitaria para reducir a carga que supoñen estas enfermidades, tal e como pretende visibilizar a Liga Reumatolóxica Galega.
Nesta sesión participarán o psicólogo D. Jessy Viqueira San José e a terapeuta ocupacional Dna. Lucía Fernández Caamaño, especialistas no seu campo das patoloxías reumáticas que en Galicia supoñen o 40% da poboación.