09

Out

Análise dos datos da enquisa do IGE sobre o uso do galego

20.00 h

Uso do galegoEste mércores 9 de outubro, ás 20 h, no noso local, teremos unha palestra a cargo de Pilar García Negro, profesora da UDC e escritora para analizar os datos da enquisa do Instituto Galego de Estatística (IGE) sobre o uso do galego.

Hai uns días vimos de coñecer esta enquisa do Instituto Galego de Estatística sobre o uso habitual e inicial do galego onde se constata a perda de falantes especialmente no ámbito urbano e como a lingua galega desaparece da esfera pública para quedar relegado ao ámbito familiar.

Xunto a estes datos coñeciamos tamén que o 30% da mocidade de entre 5 e 15 anos non saben escribir galego e un de cada catro no mesmo tramo de idade non saben falalo.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies