18

Mar

Presentación de “Entre liñas” e “Retallos do mundo”

19.30 h

Retallos do mundo - Entre liñasO luns 18 de marzo, ás 19.30 h, presentaremos os libros Entre liñas e Retallos do mundo, do xornalista Óscar Losada Castro.

Retallos do Mundo é o sétimo libro de Óscar Losada. Algunhas das 43 historias que aparecen neste libro semellan falsas, mais foron realidade. Os diálogos ficcionados quizais non estean tan lonxe dos que se escoitaron na realidade. Son historias que reflicten retallos do mundo no que estamos a vivir.

Entre Liñas é un libro con relatos de Carlos Meixide, Beatriz Maceda Abeleira, Manuel Seixas, Antonio M. Fraga, Iolanda Zúñiga, Rosa Aneiros, Lois Pérez e Pedro Feijoo. Estes oito relatos futboleiros pisan o terreo de xogo, pero van máis aló do campo e amósannos diferentes situacións en que o fútbol é o desencadeante para nos dar a coñecer aspectos importantes da vida dos seus protagonistas.

Acompañarán ao autor na presentación a escritora Beatriz Maceda e o escritor Antonio M. Fraga.

Se tes interese en asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies