O martes 7 de marzo, ás 19.30 h, teremos con nós a Torcuato Teixeira, representante do Consello Galego de Pesca no Observatorio da Eólica Marina para falar do impacto que sobre o sector da pesca van ter os parques eólicos mariños que queren colocar fronte as nosas costas.
A súa intervención xirará sobre salientar o tesouro biolóxicio e socioeconómico que temos no país, o peso importante que ten a pesca en Galiza, os plans ou non plans se mañá se aproba os Planes de Ordenamiento del Espacio Marítimo (POEM) que ten o Ministerio para a Transición Ecolóxica (MITECO) para a pesca, as diferenzas que temos en Galiza con respecto aos países do Norte que están apostando por estes macroparques, e finalmente algunha consideración sobre a presunta “limpeza” das renovábeis mariñas, en relación aos seus impactos sobre o medio relativo á fabricación dos seus compoñentes.
Presentará o acto o xornalista Antón Luaces.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: