04

Xan

Diálogo co esgrafiado galego. Ribeira Sacra e Camiño de Santiago

19.30 h

esgrafiado galegoO xoves 4 de xaneiro, ás 19.30 h, asistiremos no noso local ao Diálogo co esgrafiado galego. Ribeira Sacra e Camiño de Santiago, e para isto contaremos con Mar López Sotelo que nos presentará o seu libro Esgrafiado Galego. Un Museo ao Aire Libre de Teófilo Edicións.

De xeito breve, Mar López falaranos do esgrafiado que aparece na arquitectura rural da Ribeira Sacra e O Camiño de Santiago. A través dunha investigación exhaustiva a autora vai unindo moitas pezas até chegar á conclusión da existencia dun estilo galego propio de esgrafiado, un traballo laborioso e minucioso de moitos anos que recolle en varias publicacións. Esta publicación pon en valor un aspecto esencial da paisaxe cultural desta terra, esgrafiados, pezas inestimables para todas as persoas que defenden a importancia histórica, artística e etnográfica dos mesmos na arquitectura galega.

Mar López Sotelo é directora da Área de Historia e Antropoloxía do Instituto Europeo Campus Stellae de Santiago de Compostela; directora do programa cultural “Charlas con Mar” de Radio Monforte de Lemos; xestora cultural da biblioteca pública municipal do Concello de Pantón; escritora, investigadora e fotógrafa sobre Esgrafiado Estilo Galego.

Despois da presentación poderemos gozar dunha cata cultural de viño comentada. De xeito breve e ameno Mercedes Touzón falaranos sobre a viticultura da Ribeira Sacra. Escolleu para esta cata cultural, un gran representante dos viños da subzona do Amandi: Ó Prómine Singular de “Adegas Petrón”, DO Ribeira Sacra, por ser o mellor tinto de Galiza durante tres anadas consecutivas.

Mercedes Touzón é graduada en Turismo pola UDC e dinamizadora cultural.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies