09

Mar

Estou estupenda

20.00 h

Estou estupenda!9 de Marzo.
O día despois da folga.
O día que seguiremos loitando por non ceder ante as medidas.
Por non ser un aspecto.
Polo dereito a ser(mos).
Polo dereito a amar(mos).
Polo dereito a lucir(mos) como queiramos.
Todxs.

Achegádevos á Asociación Alexandre Bóveda e falade da liberdade de non ter que encaixar nunha talla, nunha depilación brasileira ou nuha etiqueta.
Traede o espello de mirar co orgullo e a dignidade.

Vide e poetizade con nós.

Polo dereito a non sermos escrav@s de ningún patrón de beleza.
Polo orgullo de vivirmos nos nosos corpos.
Coa presenza de Lía Santiso, Emma Pedreira, Beatriz Maceda, Anna R. Figueiredo, Antón M. Fraga e Paula Gómez del Valle
Vide falar da liberdade de non ter que encaixar nunha talla.
Traede o espello de mirar co orgullo e a dignidade.

O venres 9 de marzo ás 20h faladoiro poético sen medidas.
Polo dereito a non sermos escrav@s de ningún patrón de beleza. Polo orgullo de vivirmos nos nosos corpos.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies