O venres 5 de maio ás 19 h, presentamos unha palestra para falar das estratexias contra as violencias machistas para unha vida plena. A experiencia de Kaqla en Guatemala, con Hermelinda Magzul Patal e Flor Barán Magzul.
Ambas forman parte da organización de mulleres indíxenas maias Kaqla e, a través da súa intervención, achegarémonos á realidade que enfrontan en Guatemala así coma ao traballo que realizan na súa loita contra as violencias machistas cara unha vida plena.
O acto encádrase dentro do IV ciclo Mulleres e realidades comúns, coordinado por Cristina Bajo, coa colaboración da Marcha Mundial das Mulleres.
Se queres asistir, envíanos os teus datos a través deste formulario: