Este venres día 24 ás 19.30 horas comezamos o ciclo Mulleres e realidades comúns con Rocío Gómez, activista de Stop Desahucios da Coruña, que nos falará sobre Exclusiòn Residencial: Outra forma de violencia.
Que é a exclusión residencial? Como impacta nas nosas vidas e nos nosos corpos? Estase a utilizar a vivenda como arma de violencia de xénero?
Tentemos dar resposta entre todas e descubrir os lugares e condicións nas que habitan as mulleres.