O venres 14 de xuño, ás 20 horas, no noso local, teremos un debate baixo o título Existen as mulleres?
Nas últimas eleccións ao Parlamento Europeo o partido político Iniciativa Feminista recolleu no seu programa a exclusión de compañeiras de determinados espazos e se lles negaba a identidade como suxeito político do feminismo. Isto lévanos a ter que falar xa dun concepto básico: existen as mulleres? Hai dúas categorías de mulleres? Que pensa o movemento feminista como tal? O silencio non vale. O feminismo hexemónico unha vez máis pretende apropiarse de todas as voces e dar por sentado acordos que non existen. Debatamos e construamos.
Participarán Carme Adán, escritora e profesora de filosofía, Sara Romero, activista feminista da Marcha Mundial das Mulleres, e Daniela Fernández, presidenta de Amizando. Presenta e modera Cristina Bajo, activista feminista.
A actividade faise en colaboración coa Marcha Mundial das Mulleres.