Coa serie ANGURIA Pepe Galán inaugura, o xoves 19 ás 19.30, na Asociación Cultural Alexandre Bóveda unha pequena mostra realizada no 2018, que será exposta por vez primeira na Coruña.
Son obras de carácter minimalista, dun devagar recorrente. Mais nesta ocasión, as pezas falan dunha dor empática, onde o artista non pode pasar de longo, porque o que escoita golpea…
Fotos da obra: Xoán Piñón.
A exposición estará até o 30 de xaneiro.