O luns 26 de xuño, ás 20.30 h, inauguraremos no noso local a exposición de Xosé Cobas Arredor do pintor cego.
Arredor do Pintor cego é o título que dá nome á mostra das ilustracións de Xosé Cobas realizadas para o álbum O pintor cego de Xabier P. Docampo. Un álbum que o autor non chegou a ver rematado, polo que esta exposición vai dedicada á súa memoria no quinto ano do seu pasamento.