14

Xan

Visita guiada á exposición “Colmeiro. Cor e sentimento”

18.30 h

Colmeiro. Cor e sentimentoO venres 14 de xaneiro ás 18.30 h realizaremos unha visita guiada á exposición Colmeiro. Cor e sentimento na Fundación Luís Seoane, guiada pola comisaria, Mónica Alonso.

Colmeiro. Cor e sentimento é un proxecto da Fundación Luís Seoane comisariado pola artista Mónica Alonso que analiza a importancia da cor na obra do pintor galego a través de case cen pezas, a maioría óleos, correspondentes a seis décadas de creación artística.

A exposición establece un percorrido a través dos seus azuis e verdes, básicos na súa pintura; dos amarelos e laranxas que emprega para a luz, para iluminar a roupa e para expresar emocións como a ledicia; dos vermellos, utilizados como contraste; dos marróns da terra, que atenúan a dureza dos grises e negros do rigor da existencia e do horror da guerra…

A exposición inclúe ademais dúas pezas audiovisuais realizadas expresamente para este proxecto: Código Colmeiro, dirixida por Alberte Branco e Adrián Canoura; e unha proxección sobre a intervención de Manuel Colmeiro no mural das Galerías Pacífico de Bos Aires.

Mónica Alonso é doutora en Belas Artes. Participa en numerosas exposicións individuais e colectivas, entre a que podemos destacar Mulleres do Silencio, Museo MARCO, Vigo, 2016, que fai unha revisión das mulleres artistas galegas do último século. En 2008 recibe a Bolsa CAM de Arte Contemporáneo, co proxecto: Do frío ao calor, do calor ao frío, pasando polo temperado. Realiza diferentes residencias artísticas: Residencia Capacete, Rio de Xaneiro, 2009; Residencia The Townhouse Gallery, O Cairo, 2013; Residencia La Quiñonera, México D.F. 2015. Para esta última recibe unha bolsa do Goberno Mexicano. En 2011 publica o libro A obra onírica de Carme Casbelisa, que recolle a súa creación onírica desde a infancia ata 2010. A súa obra está presente en coleccións públicas e privadas: Centro Galego de Arte Contemporánea, Fundación Caja del Mediterraneo, Fundación Endesa, Colección Abanca, Colección Unión FENOSA, Ministerio de Asuntos Exteriores, Instituto de la Juventud, Madrid.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies