A asociación veciñal Oza Gaiteira Os Castros e a Agrupación Cultural Alexandre Bóveda realizan unha exposición sobre varias temáticas do artista e veciño de barrio Perfecto Estévez , dentro da campaña Promoción da cultura no Barrio.
A exposición permanecerá desde o luns 3 de xuño ata o sábado 13 de Xuño de 2019 no Fórum Metropolitano.
Perfecto Antonio Estévez García, nado en Ourense o 27 de xullo de 1955 e falecido o 5 de maio do 2010 na Coruña, foi un pintor, cartelista e escenógrafo galego. Deseñador da editorial Espiral Maior, de A Nosa Terra, colaborou con traballos gráficos co Concello da Coruña e coa Universidade ademais de con numerosos concellos galegos. Tamén traballou para distintas editoriais como Baía Edicións, ou Edicións Xerais. Foi tamén xeneroso colaborador realizando cartelería para un grande número de asociacións culturais.