O venres 22 de novembro, ás 19 h, inauguramos no noso local a exposición fotográfica Airiños, aires. Rosalía, de Xurxo Lobato.
Durante un mes gozaremos desta escolma de Xurxo Lobato sobre os espazos vitais e a obra da escritora Rosalía de Castro.
Esta exposición, que xa viaxou por moitos lugares de Galiza, reivindica a Rosalía como poeta e escritora, como pioneira na defensa das mulleres e como símbolo de galeguidade. É unha mirada evocadora da vida de Rosalía e da súa obra. Constitúe unha homenaxe do fotógrafo Xurxo Lobato a Rosalía de Castro, escritora de referencia na literatura europea mais tamén pioneira que fuxiu do rol tradicionalmente atribuído á muller e que asumiu un protagonismo singular como escritora nun tempo no que iso era navegar contra vento e marea.
Colabora a Fundación Rosalía de Castro.
Aquí podes ver ou descargar A Rosalía de Xurxo Lobato:
Fullscreen Mode