O venres 17 de novembro ás 19.00 h, o noso colectivo Ollo de Vidro inaugura no noso local a exposición fotográfica Vira-Vidas.
O colectivo de fotografía Ollo de Vidro, integrado na Agrupación Cultural Alexandre Bóveda da Coruña, formado por un conxunto de persoas que buscan expresar, mediante a fotografía, as súas maneiras particulares de ver o país e, tamén, poñer no foco as realidades que nos limitan e nos condicionan inaugura unha exposición fotográfica colectiva que titula Vira-Vidas, máis natureza, menos eólicos. Esta exposición pretende ser un aporte crítico á reflexión sobre a implantación masiva de xeradores eólicos no noso país. Como calquera nova tecnoloxía é preciso que estea ao servizo da comunidade e non de grupos económicos.
Participan nesta exposición:
- Lestonnac Ibañez
- Eduardo Castro
- Manolo Graña
- Calros Silvar
- Colás do Pieiro
- M.d’Outeiro
- Chelo do Xastre
- Natacha San Vicente Pellicer
- Raul Castro
- Ernesto Gómez
A exposición permanecerá ata o 11 de xaneiro.