06

Mai

Visita guiada á exposición “Galiza Mártir. Da queda do tempo republicano ao exilio”

19.00 h

Exposición Galiza MártirO vindeiro 6 de maio, ás 19.00 h, no 2º andar do Espazo Normal da UDC, realizaremos unha visita guiada á exposición Galiza Mártir. Da queda do tempo republicano ao exilio.

A mostra pon o foco no contraste existente entre a Galiza do tempo republicano (1931-1936), no que a través da loita pola ‘Autonomía’ se tentou modernizar en todos os sentidos e ordes o país, e a Galiza que tras o golpe militar de xullo de 1936 sufríu unha durísima represión no tempo de guerra, así como un longo exilio. Visualízase a través da exposición como neste último período, de guerra e exilio, se foi modelando a significación da ‘Galiza Mártir’, exemplificada polo asasinato de Alexandre Bóveda, desde a prensa de guerra até os actos institucionais realizados alén mar; legando. finalmente, o espírito daquela conmemoración á Galiza dos anos ’70 que loitaba pola democracia no tardofranquismo.

O guía da visita será Uxío-Breogán Diéguez Cequiel, director da Cátedra de Memoria Histórica da UDC.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies