27

Mai

Inauguración da exposición “Nada me pertence. Tudo faz parte de min”

13.00 h

Exposición Sol MariñoO sábado 27 de maio, ás 13 horas, inauguramos no noso local a exposición fotográfica de Sol Mariño, “Nada me pertence. Tudo faz parte de min“.

“O camiño andado debuxa nos nosos corpos un inevitable tecido que se prolonga máis aló da pel, que entra máis profundo que os órganos máis internos. Somos o mapa nunca definitivo que envolve o noso nome, cheo de carreiros invisibles nos que non reparamos, que nos levan moito máis aló de nós. Aquí. Tan perto. O máis cotiá pode conter o máis esencial, o máis descoñecido e orixinario. Aquelo que quero fotografar.”

Esta mostra e a súa presentación teñen continuidade nun segundo capítulo que é a presentación do poemario As alas da serpe, que terá lugar o día 16 de xuño en A Tobeira de Oza.

Sol Mariño nace na Coruña en 1986. Pasa súa infancia e xuventude entre Vimianzo, A Costa da Morte e a Coruña. Estuda Comunicación Audiovisual e Fotografía en Barcelona. Dende o 2007 fotografía coa cámara analóxica Nikon Fm3, coa que están tomadas tamén a maior parte das imaxes desta mostra. Entre 2009 e 2016 vive entre Arxentina e Brasil, onde espalla as súas fotografías en feiras e mercados, e de xeito ambulante polas rúas. Dende 2016 mantén na Galiza o obradorio multidisciplinar CandoChoveEfaiSol, traballando a serigrafía, o debuxo e a pintura e a fotografía. Acaba de publicar o poemario As alas da serpe.

Se queres asistir a esta presentación, envíanos os teus datos a través deste formulario:

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies