28

Out

Visita guiada á exposición “Non finito” de Tono Galán

12.00 h

Exposición de Tono GalánO sábado 28 de outubro, ás 12 da mañá, faremos unha visita guiada á exposición Non finito de Tono Galán no Kiosco Alfonso.

A exposición de Tono, Antonio Galán Fuentes, que se mostra no Kiosco Alfonso da Coruña, abarca a súa andaina dende os anos 90 do século pasado até a actualidade. A exposición percorre os 30 anos de carreira artística de Tono e nela pódense contemplar os seus inicios de cativo con debuxos saídos nun xornal, os seus primeiros pasos co realismo como expresión formal e a súa evolución na que a pegada das vangardas históricas e a paixón polas artes primeiras ou a arte da loucura conforman o seu pensamento máis íntimo transformado en formas e cores en distintos e múltiples materiais  que a inquedanza do artista manifesta con total respecto ao óleo, a pedra, a prata, o ferro ou o papel, entre outros.

PRAZAS ESGOTADAS!

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies