13

Feb

Exposición “A paisaxe dos valados”

19.30 h

A paisaxe dos valadosO xoves 13 de febreiro, ás 19.30, inauguramos no noso local a exposición A paisaxe dos valados, de Maribel Valdivieso.

Os nosos marcos, as molduras que enmarcan a terra que é para quen a traballa. Cando o valado formou parte da nosa paisaxe no espazo e no territorio, e así debera seguir sendo. Non entendería a sua desaparición sabendo que é un piar fundamental da nosa arquitectura tradicional mais tamén os reivindico como vangarda, axudando a debuxar e compoñer a paisaxe e dándolle vida ao rural, os valados son como as veas que se espallan polo territorio, e moitos xa precisan de transfusión, está é a miña pequena aportación a esa revitalización que penso é necesaria.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies