01

Mar

Inauguración da exposición pictórica de Xosé Couso

19.00 h

Exposición de Xosé CousoO venres 1 de marzo, ás 19 horas, inauguramos no noso local a exposición pictórica de Xosé Couso, na que se aprecia a evolución técnica e artística do artista, desde 2021 á actualidade.

A mostra está composta na súa totalidade por lenzos e bastidores de diferentes medidas. Nelas represéntase unha variedade de pinturas abstractas intuitivas con pintura acrílica e metalizadas como o ouro, prata e cobre. Empréganse tamén outros materiais para obter formas en relevo, texturas e efectos varios que enriquecen a variedade do conxunto e a calidade individual. Desta forma, visualmente, o resultado último é máis agradable.

As técnicas utilizadas son a pintura xeométrica, o dripping (goteo), o crakelado e a veladura e degradados.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies