21

Xan

Visita guiada á exposición “Son de Galicia”

19.00 h

Exposición Son de GaliciaO luns 21 de xaneiro, ás 19,h, faremos unha visita guiada por unha persoa de Cántigas da Terra á exposición SON DE GALICIA.

Son de Galicia é unha mostra do Consello da Cultura Galega que conmemora o importante labor cultural desenvolvido polos coros no desenvolvemento da cultura galega no século XX. Transita pola historia das catro formacións que continúan activas arestora: Toxos e Froles (1914), Cántigas da Terra (1916), Coral De Ruada (1918) e Cantigas e Agarimos (1921).

Exposición comisariada por Miguel Anxo Seixas.

Lugar:  Sede Afundación A Coruña, Cantón Grande, 8.

Podedes obter máis información na ficha da exposición na web do Consello da Cultura Galega.

Para participar abonda con solicitalo a través deste formulario:

Erro: Formulario de contacto non atopado.

Uso de cookies

Utilizamos cookies propias e de terceiros, como Google Analytics, para optimizar a túa navegación e realizar tarefas de análise. Entendemos que estás conforme se continúas navegando nesta web. Política de cookies

ACEPTAR
Aviso de cookies